sábado, 3 de junio de 2017

OBRADOIRO DE ARTE CON ABI CASTILLO

O xoves 11 de maio, tivemos a sorte de realizar un obradoiro de arte coa artista Abi Castillo.
Seguindo co proxeto anual sobre o corpo humano, nesta ocasión, centrámonos no noso rostro.  Previamente ao obradoiro, na aula traballamos as nosas características físicas, para iso utilizamos o espello, despois cada nena aprendeu a describirse empregando adxectivos como loira, morena.. e a continuación realizaron o seu propio autoretrato.
No obradoiro con Abi Castillo, utilizamos unhas láminas que representaban retratos que se atopan no museo Thyssen Bornemisza (Madrid).  Estas imaxes foron seleccionadas e facilitadas por membros do departamento de educación do museo.

O obradoiro tiña varios obxectivos:

  1. Dar a coñecer a figura de Abi Castillo e a súa obra.
  2. Recoñecer e valorar a profesión de ilustrador/a.
  3. Iniciar ao alumnado no coñecemento de obras plásticas do museo Thyssen Bornemisza.
  4. Empregar diferentes elementos na composición dunha obra plástica.
Agradecer a Abi Castillo a súa colaboración desinteresada neste obradoiro. Gracias a persoas así, achegamos e espertamos a curiosidade do noso alumnado ao mundo do arte.










IMOS DE CAMPING!!!!

O pasado 31 de maio, xunto cos nen@s da EEI da Modia, fomos de excursión ao camping Fieitás (O Grove). Foi unha xornada moi especial para tod@s.
En primeiro lugar, pasamos parte da mañá na praia, alí os nenos e as nenas tiveron a oportunidade de xogar na praia cos seus amig@s.
A continuación comemos tod@s xunt@s e pasamos parte da tarde nun monte preto do camping.  Alí os monitores/as explicáronlles aos nen@as que especies eran autóctonas e cales non, e en especial, o perigo que supón o eucalipto para os nosos montes.
Foi un día moi especial que tod@s gozamos moitísimo.






domingo, 19 de marzo de 2017

FESTEXAMOS O ENTROIDO!!

   Durante a semana do 20 de febreiro estivemos a festexar o entroido.  Cada día da semana as nenas de Covas debían seguir os mandatos do Meco.
   O luns tiñamos que vir vestidas como se fosemos a unha voda, o martes de embarazadas (tivemos un parto en vivo e directo), o mércores cos ollos e beizos pintados e un bigote, e o xoves como se estivemos no baño.








     Para o día do entroido, 24 de febreiro, as nenas de Covas foron disfrazadas de corpo humano.  O disfraz o fixeron elas e foi o produto final dunha unidade didáctica integrada que comezou no mes de xaneiro.

     Para a relización do disfraz, tiñamos diferentes tarefas como:

  1. Busca de información sobre os órganos que hai no noso corpo e onde están colocados.
  2. Picado de 18 pezas de gomaeva (por cada nena) que nos servirían para facer os órganos.
  3. Unha vez picados e pegados os órganos tiveron que enchelos con fibra.
  4. Etiquetado dos órganos.  Cada nena escribiu o nome do órgano (respectando a etapa da escritura na que se atopan).




domingo, 12 de febrero de 2017

Obradoiro da figura humana coa artista Lula Goce

   O pasado 30 e 31 de xaneiro tivemos a sorte de realizar un obradoiro da figura humana coa artista Lula Goce.  As nenas de Covas reciberon na súa escola aos nenos e nenas da escola da Modia.  Alí esperaba Lula Goce, a artista que vai pintar a fachada do CEIP Enrique Barreiro.
  Antes de continuar, hai que agradecer as familas da Modia e de Covas que axudaron para a realización deste obradoiro.  Sen eles non sería posible levalo a cabo.

   En primeiro lugar,  Lula presentounos o seu traballo onde vimos que a figura humana e a vexetación son os protagonistas.





   A continuación Lula fíxolles fotos aos nenos/as simulando que estaban interaccionando cunha pranta/árbore.  Unha vez feitas as fotografías, proxectáronse na parede, onde os nenos/as coa axuda das mestras, familias e Lula repasaban as siluetas dos seus corpos.

   Creamos a cor da nosa pel, e para sorpresa Lula aprendeunos que era necesario usar cores como a azul ou verde para chegar a cor "carne".



   Mentres que uns rapaces e rapazas pintaban os murais, o resto, coa axuda da mestra Sara e das familias,  pintaban  xornais e debuxaban follas de árbores que máis tarde recortarían.






   Para acabar, este é o resultado final, uns muráis que nos deixaban sen palabras.  Prometemos facer unha exposición para compartir co resto da comunidade a arte que teñen estes nenos e nenas.






viernes, 6 de enero de 2017

FESTEXAMOS O NADAL!!

Este primeiro trimestre rematou co festival de Nadal.  Este ano fixemos para o festival, unha canción que para a súa elaboración contou coa axuda de moitos profesionais. Por unha banda, a mestra de música Marián, empregando a música da serie "Érase una vez la vida",  fixo a letra da canción seguindo coa temática do corpo humano.
Para que ás nenas de Covas lles fora máis doado aprender a canción, pasamos a letra ao sistema de pictogramas. 
Por último, a mestra de audición e linguaxe Fátima, facilitounos a colaboración de Fany (intérprete da lingua de signos), que nos mandou un video cunha estrofa da canción feita na lingua de signos.
O resultado non puido ser mellor, as nenas de Covas ían vestidas de glóbulos vermellos e cantaron e signaron a canción moi ben. Parabéns rapazas, sodes unhas artistas!!!



domingo, 4 de diciembre de 2016

O GUSTO

   Para rematar este primeiro trimestre estamos a  traballar sobre o sentido do gusto. Na aula estamos a levar a cabo diferentes tipos de actividades. O pasado venres 1 de decembro estivemos facendo unha cata de alimentos doces, salgados e amargos coa mestra Fátima. Era moi interesante ver como a algunhas nenas algúns sabores lles resultaban desagradables mentres que a outras lles gustaban.



UNHA MAÑÁ NA MODIA...

   O xoves 30 de Novembro tivemos a sorte de pasar a mañá cos nenos e nenas da EEI da Modia.
Alí nos esperaban moitas sorpresas. En primeiro lugar, os nen@s ensináronos cales eran as súas rutinas na asemblea e despois fixeron para nós a obra de teatro "A ratiña presumida" e encantounos!!!👏👏👏👏.


   Aproveitando que tanto na Modia como en Covas estamos a traballar sobre o sentido do gusto, fixemos unha actividade de degustación. Primeiro os nen@s fixeron un zume de laranxa, e despois as mestras fixéronos batidos de mango con laranxa, cenoria e laranxa, plátano con laranxa e galleta.
   Para rematar, comemos bocadillos de diferentes sabores, algúns doces e otros salgados. Hai que decir que a panaderia da Modia regalounos o pan para os bocatas, moitas gracias!!.
   Con esta actividade, pretendíase que os nenos e nenas discriminasen sabores como: doce, salgado e amargo, e ademais pasámolo xenial.